ACTIVIDADES GASTRONÓMICAS PRIMARIA

 



Este curso todo o alumnado puido experimentar coas mezclas na cociña preparando galletas, filloas, pizza, caldo, biscoitos, rosquillas, tarta de galletas, macedonia, tortilla con cebola e sen cebola, revolto de champiñons, paella, fabada...  

Puidemos pelar, cortar, picar, amasar, mezclar, decorar, bater... e sobre todo probar e degustar!!

Creamos poemas gastronómicos, escribimos receitas,  pintamos, reinterpretamos os debuxos de menús de Castelao, fixemos manualidades gastronómicas, traballamos a pirámide alimenticia, coñecemos un pouco mellor o mundo das abellas, utilizamos os instrumentos de cociña para facer música, buscamos alimentos nos diferentes contos que lemos nas aulas, buscamos os ingredientes nos distintos alimentos procesados que traemos de merenda ao cole, 

Traballamos a cantidade (gramos, litros...), as mezclas, as equivalencias, comparamos alimentos saudables e non saudables...

E sobre todo descubrimos novos sabores e mezclas e xeitos de disfrutar dos alimentos ben acompañados.












Comentarios

Entradas populares de este blog

FAI CLIC AO TEU BOCATA