ENTROIDO


A semana do 13 ao 17 de febreiro celebramos o entroido no cole. 

O martes, mércores e xoves o Meco foi deixando mandadiños, o do mércores de panadeiros ou pasteleiros. E o venres tivemos o desfile cos disfraces que estivemos elaborando nas aulas durante a semana e que deron o colofón á semana. Dende infantil ata 6º de primaria, cada aula escolleu unha ou dúas froitas e elaboramos os traxes para todos e todas.

Infantil A de fresas e fresóns, Infantil B de naranxas e un exprimidor. En primeiro mazás co verme, en segundo peras e sandía, en terceiro uvas e en cuarto piña. Os de quinto foron de plátanos e en 6º houbo kiwis e granadas.













Comentarios

Entradas populares de este blog

ACTIVIDADES GASTRONÓMICAS PRIMARIA

MAGOSTO